00:48:53 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Iniciados os traballos de transformación dixital no Concello de Irixoa

27/01/22

A fase piloto abordará actuacións de mellora da organización municipal, a través dun diagnóstico da situación actual, propondo actuacións concretas no ámbito da transformación dos servizos municipais.

Concello Dixital - Diputación de A Coruña

O Concello de Irixoa arrincou formalmente a fase piloto do proxecto de transformación dixital das entidades locais da provincia da Coruña. O consistorio acolleu o pasado venres o acto de presentación do plan, ao que asistiron representantes políticos e empregados municipais, quen se mostraron moi interesados en coñecer a definición dos obxectivos do proceso de transformación.

O desenvolvemento dos traballos abordará a posta en marcha de todas as actuacións identificadas na toma de requisitos previa a este arranque, de forma progresiva e medindo os resultados.

O obxectivo final é impulsar definitivamente a Administración Electrónica, mellorar os procedementos necesarios para iso e reducir a fenda dixital entre a cidadanía e o concello.

Pola súa banda, o alcalde Antonio Deibe, destacou no acto que o perfil poboacional do concello esixe unha alta demanda de atención presencial, factor que non resulta excluínte para a transformación dixital.

Co arranque desta fase, o municipio pasa a formar dos escenarios administrativos locais onde se desenvolverán os traballos de modelización previos que han de servir para o escalado definitivo ao resto de concellos e entidades acollidas ao proxecto de transformación dixital das entidades locais da provincia da Coruña.

Concello Dixital - Irixoa
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal