06:16:00 Mércores 16 de outubro 2024
Estás en:

O Concello de Bergondo arranca a fase piloto de Concello Dixital

28/01/22

O plan expón a consecución de obxectivos definidos e propón cambios específicos orientados a fomentar o uso dos servizos públicos dixitais por parte da cidadanía.

Concello Dixital - Diputación de A Coruña

O pasado martes tivo lugar no concello ártabro o acto formal de arranque da fase piloto do proxecto de transformación dixital das entidades locais da provincia da Coruña. No evento, ao que asistiron empregados públicos e representantes políticos, presentáronse as liñas mestras do proxecto que guiará e acompañará ao municipio coruñés ata converterse en Concello Dixital.

Nas próximas semanas realizaranse nas instalacións do consistorio os traballos de captura e análise de requisitos por parte dos consultores de transformación e implantación do proxecto. Estas tarefas levaranse a cabo en colaboración con empregados públicos municipais designados como informantes clave de cada unha das áreas de actuación, aínda que o obxectivo final suporá a implicación da totalidade do persoal do concello.

O calendario de actuacións desta fase previa prolongarase durante os próximos seis meses, tres de traballos de implantación seguidos doutros tres de seguimento e auditoría.

Bergondo figura á cabeza dos concellos da provincia con máis presentacións por Sede Electrónica en relación coa súa poboación e con tendencia actual ascendente. Estes datos confirman a boa disposición da entidade para converterse plenamente nun Concello Dixital.

Concello Dixital - Bergondo
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal