21:02:02 Martes 12 de novembro 2024
Estás en:

Máis cerca, máis sinxela, máis de cadaquén: a Deputación edita un vídeo sobre o cambio dixital na administración local

22/01/20

Os alcaldes de Miño, Pontedeume, Rianxo e Vedra interveñen na produción, que subliña as vantaxes de contar contar coa administración dixital nos concellos.

Nuns días sairá aos medios un vídeo que tenta poñerse na pel dos veciños, para reflexionar sobre o que supón para as persoas de calquera concello, independentemente do seu tamaño, contar co novo modo de relación coa administración que supón a administración electrónica.

O vídeo subliña a proximidade, a capacidade de decisión, a comodidade, a rapidez e a liberdade á hora de elixir o modo de relacionarse co concello; un conxunto de facilidades proporcionadas polo esforzo feito polos equipos municipais para capacitarse no eido dixital, en conxunción co impulso dado pola Deputación da Coruña, que proporciona ferramentas, formación e asesoramento no marco do proxecto de implantación da Administración Electrónica.

Na gravación interveñen os alcaldes de Miño: Manuel Faraldo, Pontedeume: Bernardo Fernández, Rianxo: Adolfo Muíños, e Vedra: Carlos Martínez. Todos eles destacan o impulso que o Concello Dixital supón para os seus concellos, xa que lles facilita adaptarse e mesmo anticiparse ás necesidades da veciñanza.

Con este proxecto, a Deputación lidera e impulsa a dixitalización dos servizos públicos locais para conseguir unha provincia cohesionada tecnoloxicamente e que responde á accesibilidade,  transparencia e eficiencia que requiren os cidadáns.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal