19:46:32 Martes 12 de novembro 2024
Estás en:

Nove concellos máis da provincia ofrecen formación sobre as súas oficinas electrónicas na semana que arranca o luns 28

25/10/19

Carnota, Cedeira, Pontedeume, o luns 28; Cee, Cerceda, Valdoviño, o martes 29 e As Somozas, Miño e Padrón o mércores, 30. Son os concellos onde están convocadas as próximas formacións sobre as súas sedes electrónicas.

Todos os concellos están a divulgar estes días a convocatoria destas sesións a través de redes sociais, carteis, cartas a entidades e mesmo prensa, co obxectivo de que cada día máis persoas coñezan as vantaxes e eficacia das súas oficinas electrónicas municipais.

O luns, 28, en Carnota, a formación desenvolverase no edificio Domus Atlántica de Lira ás 10:00; están convocados veciños e representantes de asociacións.

En Cedeira, a sesión comezará ás 10:30 na sala de usos múltiples do pavillón polideportivo municipal.

Pontedeume invitou por carta personalizada ás asociacións do municipio a que acudan ao taller que se desenvolverá ás 16:00 na Aula CeMIT do edificio de Forendes.

En Cee están convocados, o martes 29, veciños e responsables de asociacións, na Casa da Cultura ás 10:00.

Ese mesmo día, en Cerceda, a sesión comezará tamén ás 10:00 no Centro Cívico.

E en Valdoviño, a formación está prevista para as 11:00 na Casa da Cultura do Concello.

Xa no mércores, nas Somozas están convocadas as asociacións e veciños do municipio ás 10:00 no Concello.

En Miño, a formación comezará ás 11:00 na aula de cultura do Concello e por último, en Padrón, o taller terá lugar na aula CeMIT ás 10:00.

A formación é impartida por axentes do proxecto PEL-Concello Dixital da Deputación.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal