05:09:56 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

A Diputación e os Concellos da provincia da Coruña estrean sedes electrónicas renovadas co obxectivo de chegar antes aos nosos cidadáns.

13/03/19

A complicidade coa tecnoloxía achéganos á nova cidadanía

Cunha forma de presentación máis sinxela e unha firma áxil e segura, o cidadán pode interactuar co seu concello sen horarios nin esperas, sen moverse da súa casa ou oficina; mesmo desde o móbil.

A sede electrónica permite realizar:

  • envío de solicitudes e seguimento das nosas xestións
  • validación de documentos electrónicos emitidos polo organismo
  • xerar certificados de empadroamento no momento e con todas as garantías xurídicas
  • consultar os nosos expedientes e notificacións

ademais das funcionalidades de sempre, como emitir o volante de empadroamento, acceder ao Portal de Transparencia ou ao Taboleiro de Anuncios.

Sen necesidade de desprazamentos, todos temos a Normativa ao noso alcance e toda a información que precisamos do Organismo.

Unha provincia en movemento

Unha plataforma de uso común, en constante mellora, permítenos obter importantes aforros; o traballo colaborativo e a compartición de solucións axúdanos a avanzar cos novos tempos.

Utilizamos a tecnoloxía ao noso favor e buscamos unha Administración máis eficaz, sen trabas, transparente e accesible.

Ademais dos Concellos e a Deputación, outros Organismos como o Consorcio dás Mariñas, o Consorcio Provincial Contraincendios, o Consorcio de Turismo da Coruña, as Mancomunidades e o Auditorio de Galicia tamén ofrecen os seus servizos aos cidadáns a través das súas novas sedes electrónicas.

Algúns datos
A día de hoxe, as entradas efectuadas no rexistro de maneira presencial, xa son superadas polas entradas efectuadas a través das sedes sumadas ás que proceden doutros rexistros a través do sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
Máis de 300.000 rexistros de entrada recibidos de forma electrónica pola plataforma, impúlsannos a mellorar e evolucionar as relacións coa cidadanía. Tan só os correspondentes ao ano 2019, reportaron aos usuarios uns aforros estimados de máis de 2 Millóns de euros (desprazamentos, esperas, tempo de traballo, etc).
Son grandes noticias que revelan unha demanda da Sociedade e a nosa obrigación é responder á mesma, evolucionando ao ritmo esperado.
Á súa vez, os aforros cuantitativos que se producen nas nosas Institucións, poderán reverter en novos e mellores servizos ao cidadán.

Máis fácil, máis rápido e máis económico é o noso lema.

Alcanzar unha Administración máis próxima, máis eficaz e sustentable é o noso compromiso.

Mapa das Entidades Locais con Sede Electrónica da Provincia
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal