07:00:30 Venres 18 de outubro 2024
Estás en:

19 novas Entidades Locais da provincia intégranse no Sistema de Interconexión de Rexistros.

3/11/17

Os concellos de Arzúa, Boqueixón, Cedeira, Coirós, Corcubión, Dodro, Fisterra, Lousame, Mugardos, Neda, Outes, O Pino, Rois, San Sadurniño, Santiso, Teo, Trazo, Val do Dubra e Consorcio Provincial Contraincendios atópanse, desde hai uns días, plenamente integrados no SISTEMA DE INTERCONEXIÓN DE REXISTROS (SIR), o que implica que poderán recibir/enviar un escrito dun cidadán desde/cara a calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.

Son xa 81 as Entidades Locais que seguiron o camiño iniciado pola Deputación hai xa uns meses (ligazón)

O tempo de tramitación dos asentos rexistrais intercambiados por SIR redúcese drasticamente e o aforro por cada asento tramitado electronicamente estímase en 4 euros.

Desde a Deputación continuamos dando pasos para achegar a Administración ao cidadán e alcanzar a plena implantación da Administración Electrónica na provincia.

Sistema de Interconexión de Rexistros
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal