A Deputación abre un camiño que seguirán, en breve, as Entidades Locais da provincia que se atopan integradas na Plataforma de Administración Electrónica provincial.
O SIR naceu como a infraestrutura básica que permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistro entre as Administracións Públicas. A través de SIR, este intercambio de información realízase de forma segura e con conformidade legal. Actualmente en SIR conviven máis de 6.400 oficinas de rexistro da Administración do Estado, CCAA e EELL .
O SIR dá resposta ás necesidades de mellora e eficiencia da Administración Pública e servizo ao cidadán, xa que permite eliminar o tránsito de papel entre administracións, aumentando a eficiencia e eliminando os custos de manipulación e remisión do papel, grazas á xeración de copias auténticas electrónicas da documentación presentada nos asentos de rexistro.
Ao realizarse os intercambios electronicamente, a recepción en destino prodúcese poucos minutos despois do seu envío en orixe. O aforro estimado na tramitación electrónica dun asento tipo é duns 4 euros si vai dixitalizada a documentación adxunta.
Na medida que o resto de Administracións Públicas se intégren no Sistema de interconexión de Rexistros, alcanzarase toda a potencialidade da plataforma pois as máis de 20.000 oficinas de rexistro das Administracións públicas españolas estarán interconectadas entre si.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal