Os concellos de Arteixo, Vilasantar, Touro, Valdoviño, Negreira, Vilarmaior, Brión, Mesía, Aranga, Monfero, Sobrado, Mazaricos, Paderne, Tordoia, Dumbría e A Baña atópanse, desde hai uns días, plenamente integrados no SISTEMA DE INTERCONEXIÓN DE REXISTROS (SIR), o que implica que poderán recibir/enviar un escrito dun cidadán desde/cara a calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.
Son xa 63 as Entidades Locais que seguiron o camiño iniciado pola Deputación hai xa uns meses (ligazón)
O tempo de tramitación dos asentos rexistrais intercambiados por SIR redúcese drasticamente e o aforro por cada asento tramitado electronicamente estímase en 4 euros.
Desde a Deputación continuamos dando pasos para achegar a Administración ao cidadán e alcanzar a plena implantación da Administración Electrónica na provincia.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal