16 novas Entidades Locais da provincia intégranse no Sistema de Interconexión de Rexistros.
28/09/17
Os concellos de Arteixo, Vilasantar, Touro, Valdoviño, Negreira, Vilarmaior, Brión, Mesía, Aranga, Monfero, Sobrado, Mazaricos, Paderne, Tordoia, Dumbría e A Baña atópanse, desde hai uns días, plenamente integrados no SISTEMA DE INTERCONEXIÓN DE REXISTROS (SIR), o que implica que poderán recibir/enviar un escrito dun cidadán desde/cara a calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.