Os concellos de Fene, Betanzos, Boimorto, Cee, Irixoa, Malpica, Miño, Padrón, Toques, Santa Comba, As Somozas, Cabanas e o Consorcio das Mariñas atópanse, desde hai uns días, plenamente integrados no SISTEMA DE INTERCONEXIÓN DE REXISTROS (SIR), o que implica que poderán recibir/enviar un escrito dun cidadán desde/cara a calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.
Son xa 45 as Entidades Locais que seguiron o camiño iniciado pola Deputación hai xa uns meses (ligazón)
O tempo de tramitación dos asentos rexistrais intercambiados por SIR redúcese drasticamente e o aforro por cada asento tramitado electronicamente estímase en 4 euros.
Desde a entrada en funcionamento do SIR:
Intercambiáronse máis de 3.900.000 asentos electrónicos.
Hai 2.380 Oficinas de Rexistro integradas
O 90% da documentación adxunta aos asentos vai dixitalizada
Actualmente están integradas no SIR:
-As CCAA excepto País Vasco e Navarra
-1.100 EELL
-A Administración Xeral do Estado
Desde a Deputación continuamos dando pasos para achegar a Administración ao cidadán e alcanzar a plena implantación da Administración Electrónica na provincia.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal