O foro foi inaugurado polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso e o deputado de Economía, Facenda e Persoal, Antonio Leira. Na apertura deste encontro, González Formoso apostou pola implantación da administración electrónica que xa empeza a ser unha realidade, aínda que queda moito camiño por percorrer.
Antonio Leira fixo fincapé na necesidade de tomar conciencia do cambio. Xa é unha obrigación a Tramitación integramente electrónica, a Información e Transparencia, e a Interoperabilidad entre Administracións.
É un reto difícil. A nosa provincia avanza; sempre asumiu os retos e estivo na vangarda da tecnoloxía. Agora, de novo, volverá facelo. Para iso xa temos a solución e é un proxecto de todos. A Plataforma de Administración Electrónica Provincial, con todos os seus módulos, TEDeC, SEDeC, ARDeC, Portais de Transparencia e NIDec, será implantada en todas as Entidades Locais antes do 2018.
Finalmente tomaron a palabra os asistentes. Algúns alcaldes e concelleiros expresaron a súa opinión e contaron a súa experiencia, manifestando que asumen o reto e apostan polo traballo conxunto, pero tamén poñendo de manifesto algunhas dificultades importantes como é a existencia dunha importante brecha dixital na cidadanía e a falta de persoal cualificado nos concellos.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal