21:30:56 Domingo 1 de decembro 2024
Estás en:

Problemas co componente de Firma de Sedes.

17/01/14

Cadrando co recente lanzamento da versión 7 actualización 51 de Java, o cliente de firma @firma que se emprega nas Sedes Electrónicas Municipais deixou de funcionar axeitadamente.

Para restablecer o correcto funcionamento do cliente de firma debense realizar unha serie de pasos

  1. Desinstale calquera versión anterior de Java que teña instalada no seu equipo.

    En Windows XP acceda a "Inicio > Panel de Control > Agregar o quitar programas > Cambiar o quitar programas". En Windows 7 ou superior acceda a "Inicio > Panel de Control > Programas y características".

    Entre a lista de programas instalados no seu equipo, localice as entradas encabezadas polo texto "Java" e que teñan unha icona similar a esta:

    Icona Java

    Unha vez seleccionada a entrada a eliminar, prema "Quitar" en Windows XP ou "Desinstalar o cambiar" en Windows 7 ou superior, e siga as instruccións de desinstalación.

    Se seguen existindo máis entradas de Java na lista, siga eliminándoas unha a unha.

     

  2. Instale a última versión de Java.

    Diríxase á páxina http://java.com/es/, prema "Descarga gratuita de Java" e siga as indicacións.

  3. Permita a execución do compoñente de firma da Sede Electrónica

    Peche o seu navegador e acceda a "Inicio > Panel de Control > Java > Seguridad > Editar lista de sitios...".

    Prema "Agregar" e teclee no campo correspondente a dirección web da Sede Electrónica, tal e como se amosa neste exemplo:

    Lista de excepcións Java

    Prema "Aceptar" ata pechar todas as ventás.

    Agora o compoñente de firma debería funcionar correctamente.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal