08:08:51 Domingo 24 de novembro 2024
Estás en:

Cierre proceso de transformación en Betanzos

2/11/22

O Concello de Betanzos remata o seu proceso de transformación dixital na área de Urbanismo e xa dispón na súa sede electrónica dun Portal de Empresas para o intercambio seguro de documentación con empresas vinculadas ao Concello (Entidades de Certificación, Xestión Catastral, Oficinas Técnicas, etc.)

Concello Dixital - Deputación da Coruña

O Portal de Empresas estase a implantar actualmente de modo progresivo en todas as entidades adheridas ao proxecto de transformación Concello Dixital.

O concello brigantino presentaba o pasado setembro os resultados do proceso de transformación dixital acometido na súa entidade, na área de Urbanismo e que permitiu, entre outros fitos, a habilitación do Portal de Empresas na súa sede electrónica municipal.

Esta nova funcionalidade responde á necesidade exposta polo concello ao equipo de Concello Dixital, da posta á disposición de forma segura da documentación de relacionada cos expedientes que interesan ás Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM) cuxa función é a de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa de aplicación no eido municipal das súas empresas provedoras de servizos.

Así, o catálogo de servizos da Sede electrónica do Concello de Betanzos dispón xa deste novo Portal de Empresas, que permite á entidade a posta á disposición de documentación, con plenas garantías de seguridade técnica e xurídica.

O Portal de Empresas está a implantarse actualmente de modo progresivo en todas as entidades adheridas ao proxecto de transformación Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña nas entidades locais da provincia.

Concello Dixital - Cierre Transformación Betanzos
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal