O Concello de Abegondo aposta pola digitalización súmase ao proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña
O arranque formal dos traballos tivo lugar o pasado 10 de outubro na sede do consistorio coa presentación das liñas mestras do proxecto de transformación dixital nas administracións locai da provincia.
A transformación dixital das entidades locais da provincia segue avanzando ao ritmo da folla de ruta deseñada pola Deputación da Coruña desde o proxecto Concello Dixital. A sede municipal do Concello de Abegondo acolleu o pasado 6 de outubro a presentación das liñas mestras do proxecto, o que supón o seu arranque formal e o inicio de fase de implantación.
A xornada convocou aos técnicos do equipo de transformación da deputación coruñesa e aos responsables políticos e administrativos do municipio. Ambas partes compartiron unha intensa axenda de traballo, coa presentación e contextualización do proxecto, e as respectivas entrevistas cos interlocutores designados desde o concello. Neste senso, o seu tenente de alcalde, Alberto Seoane, manifestou o bo momento que vive o concello para consolidar a administración electrónica.
Os traballos no concello desenvolveranse ao longo de 12 semanas, comezando polas tomas de requisitos nas áreas funcionais, ás que seguirá unha presentación de propostas concretas e a posterior execución das actuacións de transformación dixital. O calendario do proxecto prolongarase tres meses tras a presentación dos resultados, nunha fase de seguimento e auditoría.
Concello Dixital constitúe a aposta da Deputación da Coruña pola dixitalización das súas entidades provinciais, no seu funcionamento interno e nos servizos que estas prestan á cidadanía.
A posta en marcha destas e outras iniciativas están reguladas e planificadas na Axenda Dixital da provincia, que recolle todas as accións do entre supramunicipal en materia tecnolóxica.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal