12:04:47 Venres 19 de abril 2024
Estás en:

O Concello de Irixoa presenta os resultados da súa fase piloto de Concello Dixital

9/06/22

O equipo do proxecto desprazouse a finais de maio á sede municipal para presentar aos seus responsables o resumo das actuacións realizadas no últimos tres meses, así como os indicadores extraídos ao peche do período.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

O Concello de Irixoa segue avanzando na súa transición dixital, ao abeiro do proxecto Concello Dixital e co apoio da Deputación da Coruña. Así o confirman os resultados extraídos a fase piloto executada no municipio coruñés, que foron presentados por técnicos da Deputación coruñesa a finais de maio.

Así, o equipo do proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña presentou aos responsables municipais a avaliación deste tres meses de colaboración. Mostraron os indicadores estratéxicos do proceso de transformación dixital, estruturados en cinco grandes ámbitos de actuación: persoas e infraestrutura tecnolóxica; cultura e organización; procesos áxiles e dixitalizados; eficiencia operativa e atención á cidadanía. Todos eles arroxaron moi bos resultados e achegan luz e un futuro prometedor da dixitalización da Administración Local e o seu uso pola cidadanía.

O resumo executivo das actuacións concluíu que a boa disposición e implicación dos empregados públicos permitiu a consecución con éxito de todos os obxectivos nas actuacións propostas. Cabe destacar os avances realizados na eliminación da distribución en papel de documentos de rexistro e a devolución de orixinais á cidadanía.

Por outra banda, todas as accións de formación impartíronse coa asistencia total dos convocados e as melloras achegadas desde o concello serviron e servirán para actualizar a plataforma sTEDeC e así exportalas ao resto das entidades usuarias da mesma.

Concello Dixital - Evaluación Piloto Irixoa
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal