O municipio coruñés acometerá nos vindeiros tres meses profundos cambios na súa organización co obxectivo de mellorar a súa eficiencia interna e a atención á cidadanía.
Pistoletazo de saída para a transformación dixital en Corcubión. O equipo de Concello Dixital da Deputación da Coruña presentou o martes 16 de xuño o plan a tres meses que converterá ao concello coruñés nunha entidade plenamente dixital, no marco do proxecto global de transformación dixital nas entidades locais da provincia.
Nas próximas semanas realizaranse nas instalacións do consistorio os traballos de captura e análise de requisitos por parte dos consultores de transformación e implantación do proxecto. Estas tarefas faranse en colaboración con empregados públicos municipais designados como informantes clave de cada unha das áreas de actuación, aínda que o obxectivo final suporá a implicación da totalidade do persoal do concello. Para a súa consecución, o proxecto require dun alto nivel de interacción cos seus responsables e persoas clave.
Así, o Concello de Corcubión súmase á aposta da Deputación da Coruña pola dixitalización das súas entidades locais, tanto no seu funcionamento interno como na prestación de servizos á cidadanía.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal