O proxecto de transformación comezou a difundir contido o luns 23 de maio, a través desta rede social.
Concello Dixital, o proxecto de transformación dixital das entidades locais da provincia da Coruña impulsado pola Deputación coruñesa, arrincou este luns a súa canle de información na rede social Twitter baixo o perfil @ConcelloDixital.
O obxectivo é dar a máxima difusión e consolidar o labor informativo e divulgativo en materia de transformación dixital e Administración Electrónica, no ámbito da Administración Local.
Este lanzamento será clave como parte da estratexia de comunicación do proxecto, que publicou o seu portal web concellodixital.dacoruna.gal a mediados de mes.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal