00:36:32 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

A empresa pública de xestión de augas do Concello de Arteixo SUMARTE, incorpórase a Concello Dixital, o proxecto de transformación dixital da Deputación da Coruña

28/04/22

O organismo aposta pola dixitalización dos seus procesos para gañar en eficiencia e en produtividade.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

A empresa pública responsable do servizo do abastecemento de auga potable e o saneamento do concello arteixán, SUMARTE, incorporouse ao proxecto Concell Dixital, que promove a Deputación coruñesa. Con esta decisión, a recentemente creada xestora municipal aposta desde o comezo da súa actividade pola administración dixital.

Así, SUMARTE realizará a súa operativa diaria sobre un sistema integral de xestión grazas á implantación nos seus procesos da plataforma de tramitación electrónica TEDeC, desenvolvida e impulsada pola Deputación da Coruña ao abeiro do proxecto de transformación dixital das entidades locais, Concello Dixital.

Concello Dixital - Incorporación Proxecto SUMARTE
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal