00:27:53 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Presentación de propostas de execución en Vedra

2/03/22

Concello Dixital presenta a folla de ruta para a transición dixital en Vedra.

O equipo do proxecto de transformación dixital das entidades locais que impulsa a Deputación da Coruña xa ten definido o plan de traballo para o próximas seis semanas.

Concello Dixital - Diputación de A Coruña

O Equipo de Transformación de Concello Dixital presentou a pasada semana na sede local os resultados do traballo realizado no primeiro mes de vida da fase piloto, dentro do proxecto global que impulsa a Deputación da Coruña. Na reunión co concello debatéronse todas as propostas formuladas e definiuse a folla de ruta para as seis semanas que durará a fase de execución.

O proceso de traballo con Vedra principiou coa particularidade de que foi precedido por unha fase inicial de implantación co reforzo e soporte de procedementos existentes, e a implantación de novas funcionalidades e integracións.

O concello vedrés manifestou no seu momento a súa intención de impulsar a administración electrónica para o que solicitou á Deputación da Coruña un acompañamento personalizado nesta transición. A execución destas propostas situarán ao concello no escenario máis avanzado da Administración Electrónica.

Concello Dixital - Proposta Execución Vedra
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal