01:12:44 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Presentadas as propostas de execución para a transformación dixital do Concello de Irixoa.

15/03/22

O municipio coruñés é pioneiro na implantación de sTEDeC, a solución simplificada da ferramenta de tramitación electrónica que desenvolve a Deputación da Coruña..

Concello Dixital - Deputación da Coruña

O mércores tivo lugar na sede municipal do Concello de Irixoa a presentación das propostas de execución orientadas á consecución dos obxectivos de transformación dixital plena dos seus servizos nos próximos meses. Estas fixéronse a partir do traballo en común realizado entre o equipo de Transformación de Concello Dixital e a entidade coruñesa nas seis semanas que durou esta fase previa. As tarefas arrincaron a última semana do mes de xaneiro e durante este período realizáronse as tomas de requisitos nas distintas áreas funcionais que permitirán, na seguinte fase, adecuar a ferramenta de tramitación dixital ás súas necesidades e optimizar os procesos. Todo iso quedou perfectamente definido na folla de ruta que deberá guiar a Irixoa na dixitalización do seu ente municipal.

sTEDeC é unha solución simplificada da ferramenta TEDeC, e está desenvolvida para concellos que fan uso dunha tramitación máis simplificada polas súas dimensións e características. O municipio coruñés, que experimentou unha evolución no incremento das súas tramitacións nos últimos anos, amosou desde sempre unha gran vontade por converterse en pleno concello dixital e será pioneiro na implantación da plataforma.

O arranque da fase de execución en Irixoa producirase de forma inminente, xa que as propostas presentadas foron xa validadas definitivamente polo concello.

Concello Dixital - Presentación propostas a Irixoa
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal