01:35:13 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Presentadas no Concello de Bergondo as propostas de execución para a súa transformación dixital

17/03/22

O concello coruñés conta cunhas das sedes electrónicas con maior número de visitas da provincia, o que o converte en escenario idóneo para o desenvolvemento do proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

O equipo do proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña para a transformación das entidades provinciais cara a plena administración electrónica, presentou o martes o paquete de medidas desenvolvido especificamente para a entidade aos seus responsables municipais. As propostas están orientadas á consecución dos obxectivos de dixitalización plena do concello e son o resultado da seis semanas de traballo conxunto entre ambas partes.

Durante esta fase previa realizáronse as tomas de requisitos nas distintas áreas funcionais ao obxecto de axeitar a ferramenta de tramitación dixital TEDeC á operativa diaria do municipio e de optimizar os procesos organizativos actuais.

Bergondo conta cunha das sedes electrónicas con maior número de visitas da provincia o que sitúa ao municipio como escenario administrativo idóneo para a pilotaxe do proxecto global de transformación das entidades provinciais Concello Dixital.

Concello Dixital - Presentación propostas a Bergondo
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal