00:18:42 Sábado 20 de abril 2024
Estás en:

Creación oficina registro Cl@ve en Curtis

25/02/22

Curtis será a primeira Entidade Local da provincia da Coruña en dispor dunha Oficina de Rexistro Cl@ve.

A próxima constitución como oficina Cl@ve é un dos resultados do seu proceso de transformación para converterse en Concello Dixital.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

O Concello de Curtis converterase nas vindeiras semanas na primeira entidade local provincial con Oficina de Rexistro Cl@ve. Acordouse así a pasada semana na presentación dos resultados no concello, dentro da fase piloto do proxecto de transformación das entidades locais da provincia da Coruña (Concello Dixital), liderado pola Deputación da Coruña.

Os tres meses de traballos executados polo equipo do proxecto constataron a idoneidade da sede de Curtis para acoller a primeira das oficinas da provincia. Para iso engadiranse á plataforma de tramitación electrónica TEDeC os procedementos necesarios para a recollida da documentación que ha de achegar o cidadán para a súa alta no Sistema Cl@ve.

O Sistema Cl@ve permite ao cidadán identificarse para realizar e asinar os seus trámites cos organismos públicos por Internet con plenas garantías de seguridade. Evítase así o desprazamento ás oficinas físicas e as restricións horarias das mesmas. Por outra banda, este sistema simplifica e unifica o acceso aos servizos públicos e elimina a necesidade de memorizar e introducir contrasinais ou claves temporais inmediatas.

Esta relación coa Administración precisa dun rexistro previo de modo presencial ou telemático. Para realizar o rexistro de forma presencial cómpre acudir a unha Oficina de Rexistro Cl@ve, previa cita e achegando un documento oficial válido para a identificación do solicitante.

Entre o amplo catálogo de servizos de administración dixital accesibles mediante identificación con Cl@ve atópanse as sedes electrónicas das entidades locais. 80 entidades locais provinciais xa dispoñende Sede electrónica, accesible desde o portal web que a Deputación da Coruña pon ao dispor dos cidadáns en entidadeslocais.dacoruna.gal

Concello Dixital - Creación Oficina Rexistro Cl@ve en Curtis
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal