A nova funcionalidade recolle calquera etapa de xestión de plan que teña intercambio con outros organismos.
O equipo de soporte de TEDeC presentou a técnicos municipais o novo desenvolvemento que implementa e simplifica o proceso de sinatura e dilixenciado dos instrumentos de planeamento urbanístico, de conformidad con los dispuesto en las Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia (NNTTPP).
O tramitador incorpora aos documentos as marcas visibles dos datos asociados a sinatura electrónica, o texto da dilixencia e o código de verificación que conecta coa sede electrónica municipal. Os documentos asinados polo equipo redactor non perden validez en ningún momento.
Así mesmo, o desenvolvemento permite anexar toda a documentación adicional asociada e así compartir todos os documentos.
TEDeC garantiza a trazabilidade do documento desde o seu estado orixinal coa firma válida do redactor ata o documento asinado e dilixenciado dixitalmente pola administración municipal. Evítase así a circulación física de documentos e asegúrase a confidencialidade, respectando sempre o marco xurídico.
O despregamento da nova funcionalidade nas sedes electrónicas arrincará a primeira semana do ano de modo progresivo.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal