01:38:43 Sábado 27 de xullo 2024
Estás en:

O Concello de Curtis inicia a fase piloto do proxecto de transformación dixital das entidades locais da provincia.

15/12/21

O piloto define as bases para a mellora continua dos procesos operativos e estruturas organizativas de todas as entidades locais, no seu proceso de evolución cara á Administración Electrónica.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

Concello de Curtis está a levar a cabo unha fase piloto para a súa transformación, camiñando cara a un modelo de concello dixital. A duración deste piloto é de tres meses (máis outro tres de auditoría e seguimento) e supón a revisión dos seus procedementos de traballo e o seu modelo organizativo. Durante esta etapa estase acompañando aos empregados públicos co obxectivo de facilitar a súa adaptación ao proceso de cambio cara á e-Administración.

Estes seis meses tradúcense na xeración dun novo mapa de procesos en Curtis, revisado e optimizado. Tamén se traballa na adaptación da súa estrutura organizativa ás novas ferramentas dixitais e estase revisando o mapa de postos de traballo e perfís de usuario a formar.

Todo iso con vistas a optimizar os seus procesos, mellorar a atención ofrecida á cidadanía e, en definitiva, a satisfacción dos habitantes de Curtis.

As liñas de traballo que se están impulsando son:

- Transformación organizativa do Concello de Curtis: adaptando o modelo organizativo e funcional a un novo modelo dixital.

- Formación: Plan de Formación adaptado ás necesidades dos empregados do Concello, a través de distintas canles e formatos.

- Cultura organizacional: transformación cultural adaptando modelos e comportamentos en todos os niveis do Concello de Curtis.

- Persoas: adaptando a forma de traballar e de relacionarse no/co Concello.

- Seguemento: medindo a evolución de indicadores dixitais do Concello para comprender a implementación correcta do cambio.

Resultados esperados proxecto Piloto

Este piloto establece as bases para escalar a experiencia ao resto de Entidades Locais da provincia, avanzando no obxectivo de alcanzar un modelo de auténticos Concellos Dixitais.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal