16:17:21 Mércores 13 de novembro 2024
Estás en:

Formación presencial en Curtis

15/12/21
Concello Dixital - Diputación de A Coruña

Técnicos municipais do Concello de Curtis reciben formación integral sobre o contido e uso da Sede Electrónica.

A actividade, impartida por técnicos da Deputación, tivo un enfoque práctico e capacitará aos funcionarios no aproveitamento das distintas funcionalidades de Sede.

Técnicos da Deputación da Coruña desprazáronse ao Concello de Curtis para impartir formación específica sobre Sede electrónica.

A xornada, de carácter presencial, dá resposta á necesidade de formación especializada e continua na materia aos empregados públicos dos entes locais. Presentáronse todas as funcionalidades da sede electrónica e realizáronse exemplos prácticos que permitirán ao persoal do Concello transferir este coñecemento á cidadanía e fomentar o seu uso xeneralizado.

 

Curso presencial de formación

Esta sesión encádrase dentro da axenda de formación do proxecto global de dixitalización das administracións locais da provincia da Coruña, no que Curtis participa como concello piloto.

O obxectivo deste proxecto é alcanzar, no próximos tres anos, a plena dixitalización dos procesos administrativos dos concellos e entidades locais na provincia.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal