01:06:18 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Máis de 500 persoas manteñen activos os servizos da Deputación a través do teletraballo.

1/04/20

En pouco máis dunha semana, máis de 500 empregados da Deputación da Coruña traballan desde as súas casas para manter en funcionamento os servizos que o goberno provincial definiu como esenciais, entre os que figuran os servizos sociais e a teleasistencia, o mantemento das estradas provinciais, a atención cidadá, asistencia aos municipios, os servizos relacionados coas tecnoloxías da comunicación ou calquera actividade que implique o pago a provedores e contratistas. Parte dos membros do Goberno, da corporación provincial e dos xefes de servizo seguen traballando tamén de forma presencial na sede da Deputación, que reforzou a atención telefónica á cidadanía e mantén abertos todos os trámites a través da sede electrónica.

Actualmente acceden en liña ás súas aplicacións informáticas os mesmos traballadores que o farían de forma presencial, nun día normal. Diariamente, 469 persoas conéctanse e tramitan co xestor de expedientes e outros 233 usuarios dispoñen de acceso remoto completo aos seus computadores a través das novas redes privadas virtuais despregadas nestes días, que permiten que non se vexa afectada a rede informática que a Deputación pon á disposición dos concellos da provincia e que utilizan a diario máis de 1.000 usuarios.Desde que se decretou o estado de alarma, o persoal dos servizos de Informática e Administración Electrónica fixo un amplo despregamento dunha plataforma xeral de teletraballo que non parou de crecer e que a día de hoxe xa dá soporte á práctica totalidade do persoal da Deputación, sen consumir os recursos reservados para os concellos da provincia.

Ademais, nestes días implantáronse novas ferramentas avanzadas que facilitan o traballo en liña en grupos e a distancia tanto dos responsables políticos como do funcionariado, mediante servizos de mensaxería instantánea (chats) e videochamadas. A plataforma de teletraballo implantada permite, por exemplo, que o presidente da Deputación poida dirixirse de maneira directa a todo o persoal ou que poda conectarse por videoconferencia cos membros da corporación, cos xefes de servizo ou con calquera traballador ou traballadora da institución provincial.

Tamén é posible realizar as xuntas de portavoces ou reunións de forma telemática, desde as salas de videoconferencia das que dispón a Deputación ou desde os computadores persoais e dispositivos móbiles dos deputados. Ademais, a Deputación envía cada día ao todo os seus persoal boletíns informativos sobre a evolución local, galega e nacional do Covid-19, así como noticias e consellos preventivos das autoridades sanitarias. «O equipo de informáticos da Deputación ha feito un traballo excepcional e nun tempo marca para manter activa esta Administración, o que nos permite seguir prestando un servizo á cidadanía e aos concellos», encomiou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Ligazón á Voz de Galicia

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal