07:16:10 Domingo 13 de outubro 2024
Estás en:

Reforzar a concienciación sobre seguridade e protección de datos das plantillas municipais, nova liña de traballo da Deputación nos concellos

27/01/20

O órgano provincial reforzará o coñecemento da normativa e as medidas básicas de seguridade que acompañan a implantación da administración electrónica coa intervención dos axentes do proxecto PEL-Concello Dixital.

Os nove axentes capacitadores do proxecto PEL-Concello Dixital, que periodicamente se trasladan a 71 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para impulsar o uso da Administración electrónica, revisarán cos traballadores/as dos concellos os principios fundamentais do marco legal relativo á protección de datos e repasarán tamén indicacións básicas de seguridade no emprego das ferramentas dixitais, sendo esta outra das liñas de acción do proxecto tendentes a reforzar e impulsar a administración electrónica en todos os concellos.

En concreto, revisarán os principios fundamentais do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), que entrou en vigor o 25 de maio do 2018, e analizarán algunhas medidas básicas para a protección de aqueles recursos informáticos onde está rexistrada a información.
Na posta en marcha desta liña de traballo é fundamental o papel dos secretarios/as municipais por canto son quen mellor coñecen as necesidades dos seus equipos e poden facilitar a organización das charlas formativas

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal