“Os exemplos prácticos sempre son útiles e axudan a entender mellor”, foi unha das apreciacións feitas polos participantes na charla que se desenvolveu no Concello de Mañón o mércores 23.
Á charla —á que acudiu tamén o alcalde, Alfonso Balseiro—, permitiu ás persoas participantes coñecer a oficina electrónica do seu Concello e os mecanismos de identificación que lles permiten empregala.
Como é habitual, foi impartida por unha axente do proxecto PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal