Para impulsar o emprego da sede electrónica nas diversas parroquias do concello, organizouse esta sesión formativa no centro social de Infesta, despois da celebrada o pasado mes de agosto en Betanzos.
A charla, celebrada o xoves 26, centrouse no funcionamento e trámites que se poden realizar no portal dixital, así coma os mecanismos de identificación necesarios para empregalo.
Como vén sendo habitual, impartiuna o axente dinamizador do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal