Ás sete de media da tarde está convocada unha sesión formativa sobre a oficina electrónica do concello.
Impartirase na aula CeMIT por parte da axente dinamizadora do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña.
As persoas asistentes verán que tramites poden facer na oficina electrónica municipal e como realizalos, así como os mecanismos de identificación que lles permiten empregar a súa sede.
O concello está a difundir esta convocatoria a través do seu boletín mensual, redes sociais e o seu servizo de novas.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal