Á sesión celebrada na aula CeMIT acudiron 10 persoas que apuntaron, na enquisa que cubriron ao final do taller, a utilidade da oficina electrónica do concello.
Como vén sendo habitual nestas charlas, os veciños —entre eles membros de asociacións e empresas, entidades que deben tramitar pola vía electrónica— coñeceron o funcionamento da sede electrónica do seu concello e recibiron formación sobre os diferentes métodos de identificación e sinatura dixital.
A sesión formativa tivo lugar o pasado luns, 23 de setembro, na aula CeMIT situada na Casa da Cultura do concello.
A formación foi impartida polo axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal