O taller formativo terá lugar ás 10:30 no Centro Social de Infesta.
Para achegar a formación a todos os veciños que o requiran, Betanzos convoca unha segunda sesión formativa sobre a súa sede electrónica, nesta ocasión no Centro Social de Infesta.
As persoas asistentes verán que tramites poden facer na oficina electrónica municipal e como realizalos, así como os mecanismos de identificación que lles permiten empregar a súa sede.
O taller será impartido polo axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal