01:40:24 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Lousame invita os seus veciños a unha sesión formativa o venres 19 para aprender a facer xestións “sen colas, nin horarios” na sede electrónica

16/07/19

Aprender “a facer trámites e xestións sen ter que ir presencialmente ao concello. Sen colas, nin horarios. Comodamente dende o teu ordenador o dispositivo móbil”: estes son os obxectivos da formación que o concello está publicitando a través da súa web e redes sociais.

Lousame invita así á veciñanza a asistir á sesión que o vindeiro venres, 19, impartirá a axente dinamizadora do programa PEL-Concello Dixital na aula de informática da Casa da Cultura.

As persoas interesadas poden inscribirse no concello e a través do teléfono 981 820 494.

Formación Sede Electrónica
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal