06:11:56 Sábado 27 de xullo 2024
Estás en:

A Deputación provincial da Coruña renova a súa sede electrónica.

26/12/18

Con novo aspecto e importantes melloras no uso e a funcionalidade, estréase a nova sede electrónica da Deputación e as Entidades Locais adheridas ao Proxecto provincial de Implantación da Administración Electrónica.

O Concello de Abegondo xa ten tamén a súa nova sede ao dispor dos cidadáns e en breve iranse incorporando o resto de Entidades Locais ata completar o total da provincia incluíndo Concellos, Consorcios e Mancomunidades.

Entre as importantes novidades que incorpora, destaca o acceso a través do sistema cl@ve, que permitirá ao cidadán a tramitación a través de clave PIN ou clave permanente, a maiores do certificado electrónico e DNI-e.

Novo aspecto da Sede da Deputación Provincial da Coruña Novo aspecto da Sede do Concello de Abegondo
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal