05:41:54 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Inicio do proxecto de Participación Cidadá no marco da Implantación de Administración Electrónica na provincia

2/04/18

Como parte dos esforzos para fomentar e facilitar a transparencia, o goberno aberto e a participación cidadá, a Deputación de Coruña puxo en marcha un proceso dirixido ao diagnóstico do estado da provincia, canto á información cidadá e ao impulso da realización de procesos participativos nos distintos municipios da provincia.

O obxectivo final é desenvolver un piloto sobre un modelo de execución de orzamentos participativos do que os municipios poidan servirse para fomentar e desenvolver este tipo de iniciativas participativas entre os seus habitantes.

Enmarcado no proceso de diagnóstico, hoxe enviouse un cuestionario aos concellos, co principal obxectivo de recoller achegas sobre o estado da participación así como necesidades, inquietudes ou outras ideas respecto desta temática.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal