07:13:24 Mércores 16 de outubro 2024
Estás en:

Finaliza a implantación do Módulo de Decretos da Plataforma de Tramitación de Expedientes Electrónicos (TEDeC) da Deputación provincial da Coruña.

2/01/18

A provincia da Coruña segue avanzando con pasos firmes cara á plena implantación da Administración Electrónica.

Finalizou o ano 2017 cumpríndose un fito importante no proxecto. Todas as EELL adheridas teñen xa o seu Módulo de Decretos electrónico, o que permitirá ao Organismo a xestión das súas resolucións de forma ordenada e integrada e a firma electrónica en mobilidade con plena seguridade e garantía xurídica. Da mesma maneira, os decretos poderán ser notificados electronicamente aos cidadáns afectados, redundando todo iso nunha importante redución de custos e tempo de tramitación.

Os concellos de Abegondo, Ames, Aranga, Arteixo, Arzúa, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, A Capela, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Fisterra, Frades, Irixoa, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Muxía, Neda, Negreira, Ordes, Oroso, Outes, Paderne, Padrón, O Pino, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Rianxo, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas, o Consorcio As Mariñas e o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, atópanse xa plenamente operativos.

Desde a Deputación parabenízase a todo o persoal das EELL que contribuíu a que este obxectivo sexa xa unha realidade.
 

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal