Os cidadáns dos concellos de Ames, Aranga, Arteixo, Arzúa, A Baña, Boqueixon, Brión, Cabanas, Cariño, Cee, Coirós, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Mesía, Monfero, Neda, Outes, Paderne, Padrón, O Pino, Rois, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vilarmaior e Vilasantar poden solicitar que as súas notificacións sexan enviadas á súa caixa de correos de correo electrónico, aviso previo da súa posta a disposición.
Con estas incorporacións son xa 81 as Entidades Locais da Provincia que utilizan este sistema.
A plataforma de notificación utilizada é Notifica.gal, a ferramenta que a Xunta de Galicia pon ao dispor de todas as EELL da Comunidade.
Nun futuro moi próximo, todas as EELL adheridas á Plataforma de Administración Electrónica Provincial que lidera a Deputación da Coruña, estarán en disposición de ofrecer este mesmo servizo aos seus cidadáns.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal