Os cidadáns dos concellos de Bergondo, Boiro, Boimorto, Cabana de Bergantiños, A Capela, Carballo, Carnota, Carral, Cerdido, Coristanco, Curtis, Frades, Laxe, Lousame, Mañón, Malpica, Miño, Melide, Moeche, Mugardos, Muxía, Negreira, Ordes, Ponteceso, Zas e o Consorcio contra Incendios, poden solicitar que as súas notificacións sexan enviadas á súa caixa de correos de correo electrónico, aviso previo da súa posta a disposición.
Con estas incorporacións son xa 43 as Entidades Locais da Provincia que utilizan este sistema.
A plataforma de notificación utilizada é Notifica.gal, a ferramenta que a Xunta de Galicia pon ao dispor de todas as EELL da Comunidade.
Nun futuro moi próximo, todas as EELL adheridas á Plataforma de Administración Electrónica Provincial que lidera a Deputación da Coruña, estarán en disposición de ofrecer este mesmo servizo aos seus cidadáns.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal