Gran éxito de asistencia as Xornadas de Formación sobre as novidades que ofrece a plataforma TEDeC para dar cobertura á implantación plena da Administración Electrónica nas Entidades Locais da provincia.
Os pasados xoves 2, 9 e 16 de Marzo, a Sala Juanjo Gallo acolleu a máis de 350 persoas que se formaron no uso da plataforma e doutras importantes iniciativas, para dar cobertura ás novas esixencias da Lei 39/2015, como o Sistema de Interconexión de Rexistros, o Rexistro Electrónico de Apoderamientos e as Notificacións Electrónicas, entre outros.
A Administración Electrónica empeza a ser xa unha realidade na nosa provincia, aínda que queda aínda un longo camiño por percorrer.
Desde a Deputación seguimos apostando por avanzar neste camiño á beira dos nosos Concellos e Consorcios.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal