Na inauguración interveu o vicepresidente da Fegamp e alcalde de Oroso, resaltando que a dixitalización dos procesos administrativos é, en moitas ocasións, unha "odisea" para os municipios pequenos, que se enfrontan a un gran cambio na atención aos cidadáns.
Na súa magnífica exposición, a tarde do xoves 23, o alcalde de Vimianzo resumiu o camiño percorrido para a implantación da eAdministración no seu concello, no marco do proxecto da Deputación Provincial. Os seus resultados e o nivel de uso alcanzado, chamou a atención no auditorio e nos enorgullecemos diso.
Na mañá do venres 24, o alcalde de Valdoviño interveu na mesa de Arquivo Electrónico para reivindicar máis atención para a Xestión Documental, como base e garantía dun adecuado funcionamento das Organizacións.
Entre o público, atopamos numerosos e-reponsables municipais da provincia, interesados por profundar nos novos requirimentos legais e a súa aplicación práctica.
Agradecemos á AMTEGA esta iniciativa e felicitamos aos seus organizadores. Vémonos en próximas edicións!
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal