11:24:41 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

7 Concellos da provincia intégranse no Sistema de Interconexión de Rexistros.

6/02/17

Os concellos de Sada, As Pontes, Ames, Oroso, Pontedeume, Abegondo, Rianxo atópanse, dende hai uns días, plenamente integrados no SISTEMA DE INTERCONEXIÓN DE REXISTROS (SIR), o que implica que poderán recibir/enviar un escrito dun cidadán desde/cara a calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.

Este camiño foi iniciado pola Deputación hai xa algunhas semanas (ligazón)

Ademais, estes 7 Concellos poderán acceder tamén ao Rexistro electrónico de representación e apoderamientos (REA), creado para facer constar e xestionar as representacións que os interesados outorguen a terceiros, co fin de que estes poidan actuar no seu nome de forma electrónica ante a Administración Xeral do Estado e/ou os seus organismos públicos vinculados ou dependentes.

Desde a Deputación continuamos dando pasos para achegar a Administración ao cidadán e alcanzar a plena implantación da Administración Electrónica na provincia.

Sistema de Interconexión de Rexistros
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal