12:23:51 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Proxecto Administración Electrónica - Xornada sobre novidades derivadas das leis 39/2015 e 40/2015.

12/09/16

As novas leis 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público e a súa aplicación, suscitan gran interese entre os traballadores das EELL da provincia.

O pasado xoves, 8 de Setembro, a Deputación convocou aos funcionarios municipais a unha xornada sobre as novidades das novas leis 39/2015 e 40/2015 e a súa aplicación, e a afluencia foi masiva.

Durante máis de 4 horas debateuse e formouse ao persoal municipal nalgunha das ferramentas que se están implantando, no marco do proxecto de Administración Electrónica provincial.

O proceso de implantación continúa e, de forma gradual, todas as EELL iranse incorporando á gestíón electrónica de expedientes, así como á utilización doutras moitas solucións de face a alcanzar os obxectivos de conseguir tramitacións máis rápidas, máis transparentes e a desaparición do papel.

Dende a Deputación da Coruña se aposta polo traballo colaborativo e a compartición de solucións, como única forma de alcanzar o éxito ante un dos retos máis complexos aos que se han de enfrontar as Administracións nos últimos tempos.
 

Imaxenes da Xornada eAdmin 8 Set 2016
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal