05:26:57 Domingo 13 de outubro 2024
Estás en:

XORNADA DE PRESENTACIÓN DO NOVO MÓDULO DE URBANISMO - 25 DE XUÑO 2015

3/07/15
AL-SIGM

O pasado 25 de xuño tivo lugar, na Deputación da Coruña, a presentación do novo módulo de Urbanismo e Ocupación de Vía Pública, que permitirá tramitar electronicamente 22 novos procedementos de ambas as familias, mediante a ferramenta SIGM, destacando as novas figuras de Comunicación Previa.
 
Estes novos procedementos adáptanse á última normativa autonómica e nacional, e fomentan, a través do uso da Administración Electrónica, a mellora na eficiencia nos procesos e xestión administrativa, ademais de potenciar a participación da cidadanía a través das diferentes Sedes Electrónicas Municipais.
 
Animamos aos nosos concellos a utilizar estes novos procedementos e a implantar, de forma xeral, a tramitación electrónica de expedientes en SIGM.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal