Tras a publicación da Lei 9_2013, de 19 de decembro, do emprendimiento e da competitividade económica de Galicia, viñéronse aplicando sucesivos cambios e avances na tramitación administrativa en todas as Entidades Locais. Coa publicación desta Lei acláranse diversos aspectos relativos ás Comunicacións Previas, axilízanse moitos trámites e poténciase e fomenta a utilización de medios telemáticos como parte intrínseca da tramitación administrativa e relación co cidadán.
Dentro do proxecto “Ampliación de Servizos e Instalacións sobre a plataforma SIGM” da Deputación de Coruña asumimos todos os retos que esta Lei pon encima da mesa abordando, entre outros, o redeseño íntegro do MÓDULO DE URBANISMO, que inclúe a revisión completa de todos os procedementos das familias de URBANISMO e OCUPACIÓN DE VÍA PÚBLICA e a incorporación de novos procedementos. En definitiva, dotouse á AL-SIGM dos principais procedementos de URBANISMO que se utilizan na Administración Local.
Para presentarvos o novo módulo, convocámosvos a unha xornada que terá lugar o XOVES 25 DE XUÑO, de 10h a 13h, na SALA JUANJO GALLO da Deputación da Coruña. Presentarémosvos os novos deseños e modelados, mostrarémosvos novas pautas de tramitación e axudarémosvos a abordar aqueles posibles cambios organizativos que poida provocar esta posta en marcha.
Animamos ao persoal dos concellos a asistir a esta xornada xa que vos axudará, por unha banda, a implantar este novo bloque de procedementos a todos aqueles que xa tramitedes en SIGM e, por outra banda, permitirá coñecer mellor a tramitación con SIGM a aqueles que aínda non empecen.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal