Todos os Concellos da Provincia que participan no proxecto de “Ampliación de servizos e instalación sobre a plataforma AL-SIGM” da provincia atópanse xa na versión SIGM 3.0., representando un pulo de gran importancia na implantación da Administración Electrónica na provincia da Coruña.
 
A actualización de versión permitiu implementar considerables melloras demandadas por todos os usuarios, así como corrixir erros e incidencias. Xunto coa actualización, ampliouse o Catálogo de Procedementos, estando xa formado por máis de 50 procedementos. 
 
Agradecemos a todos a vosa participación e aportacións e animámosvos a incorporarvos plenamente ó proxecto.
					
	        			Deputación A Coruña
        			
        			
	        			Avenida Porto da Coruña, 2
        			
        			
	        			15006 A Coruña
        			
        			
	        			Tel 981 415 000
        			
        			
	        			
							sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal