Xa son 85 as sedes electrónicas municipais que residen na Plataforma Electrónica Provincial. Coa posta en marcha das sedes electrónicas de Arzúa e O Pino, alcánzase o obxectivo do proxecto.
Acadase a plena implantación da Administración Electrónica na provincia da Coruña. Todos os concellos que colaboran coa Deputación asinaron os convenios de adhesión á Plataforma Electrónica Provincial e 85 son as sedes electrónicas que xa están totalmente dispoñibles para o cidadán.
Agradecemos a todas as Entidades Locais a súa colaboración e interese.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal