Tras a finalización do proxecto de implantación de sedes electrónicas, pola necesidade de seguir ampliando servizos de Administración Electrónica e ante todos os novos retos que debemos abordar nos próximos anos para cumprir coas directivas europeas, na Deputación da Coruña vaise a celebrar unha xornada de divulgación e reflexión na que contaremos as iniciativas nas que estamos a traballar.
Serviranos tamén para seguir facendo fincapé nas boas prácticas, a necesidade do traballo colaborativo e fomentar o intercambio de experiencias e o necesario debate para que a xornada resulte do maior interese para todos.
DÍA: 23 ABRIL 2015
HORA: 10h a 14h
LUGAR: Sala Juanjo Gallo, 6ª planta do Palacio Provincial
Temas a tratar:
- Situación e escenario da eAdministración para este ano e próximos en xeral.
- Situación Proxecto sedes, Portal de Transparencia e seguintes pasos. Revisión continua.
- Proxecto SIGM (estado actual, obxectivos 2015) e futuro.
- Necesidade de involucración; papel dos Interlocutores e Secretarios.
- Casos de éxito (moi breves).
- Debate.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal