Un avanzado documento con medidas de seguridade que dificultarán a usurpación da identidade, que poderá ser usado como documento de viaxe electrónica e permitirá a comunicación con teléfonos intelixentes.
Fernández explicou que o DNI 3.0, «á vez que acredita a identidade persoal, fai máis difícil o que poida ser usurpada a identidade do seu titular», o que considerou relevante agora que a seguridade está no primeiro plano da preocupación e do interese mundial polos atentados en Francia, dixo. O novo carné (que se empeza a expedir en Lérida como cidade piloto e irase estendendo por España) ten un chip máis rápido, con máis capacidade, e está certificado como dispositivo seguro de creación de firma electrónica recoñecida, dotándoo da mesma validez xurídica que a firma manuscrita, e pode ser usado como documento de viaxe electrónica. Ademais permite a comunicación con 'smartphones' a través dunha antena de radiofrecuencia e coa tecnoloxía NFC.
O novo DNI permitirá aos cidadáns, entre outras funcións, acceder rapidamente polo control de fronteira dos aeroportos e asinar electronicamente unha autorización para o colexio dos nenos, e servirá aos policías para consultar in situ os antecedentes ou infraccións dunha persoa.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal