Xa son 75 as sedes electrónicas municipais que residen na Plataforma Electrónica Provincial. Coa posta en marcha das sedes electrónicas de Coirós, Dodro e Toques, alcánzase o obxectivo marcado para o ano 2014.
O ano 2014 cérrase coa plena implantación da Administración Electrónica na provincia da Coruña. Todos os concellos que colaboran coa Deputación asinaron os convenios de adhesión á Plataforma Electrónica Provincial e 75 son as sedes electrónicas que xa están totalmente dispoñibles para o cidadán.
Agradecemos a todas as Entidades Locais a súa colaboración e interese.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal