22:08:13 Domingo 1 de decembro 2024
Estás en:

Formación SIGM na Laracha.

31/01/14

O pasado venres 24 de xaneiro, o concello da Laracha recibe formación presencial na tramitación do procedemento de "Licenza de Obra Maior". Aínda a pesar dos últimos cambios normativos, este procedemento permite dar cobertura á tramitación das obras sometidas a licenza que as administracións locais deberán tramitar.

Na xornada de formación, na que participa todo o departamento de urbanismo, móstranse todas as funcionalidades e capacidades da ferramenta de tramitación de SIGM 3.0, incluída a firma electrónica de documentos. Exponse ademais diversas cuestións e melloras organizativas que, co tempo, permitirán a optimización na xestión e redundarán nunha mellor atención ao cidadán.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal